A Asociación LugoPatrimonio expresa o seu sentimento polo recente pasamento de don Francisco Mayán Fernández, Cronista Oficial de Mondoñedo, que desde moi novo dedicou o seu saber á investigación da historia da súa vida natal Cee e a da cidade na que viviu e desenvolveu o seu labor docente.
A súa dilatada vida foi un exemplo para todos os que defendemos, divulgamos e traballamos pola conservación do noso patrimonio histórico e cultural. A súa desaparición supón unha perda para a cultura do país pola importancia que ten o labor dos cronistas locais que cos seus traballos contribúen ao coñecemento da nosa historia común.
Cos actos que de seguido se relacionan remata este Ciclo sobre a Romanización que acadou alto interese e estivo sempre animado nas conferencias e viaxes. Agradecemos unha vez máis aos patrocinadores a súa valiosa axuda.
Día 23, mércores
A Muralla: unha viaxe pola historia
Historiador local, doutor en Xeografía e Historia, autor de varios libros dedicados á historia moderna e contemporánea da muralla.
Día 26, sábado
11 horas. Percorrido pola Muralla. Saída da Praza de Pío XII.
O pasado día 13 de xuño reuníronse no parador de Monforte de Lemos directivos da Asociación Cultural LugoPatrimonio, Asociación Cultural Souto do Val (A Ermida, Quiroga), Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos, Asociación Amigos do Entroido Ribeirao (Chantada), Asociación Cultural As Fachas de Castelo (Taboada), Asociación Amigos do Patrimonio de Lemos e Asociación de Veciños de Salcedo (Pobra de Brollón), todas elas con fins relacionados coa conservación, defensa e promoción do patrimonio inmaterial nas terras de Lemos.
Na reunión, entre outros temas, trataron sobre o silencio mantido pola delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, que se comprometeu coas citadas asociacións a dar resposta ás cuestións que lle presentaron nunha entrevista que tivo lugar o 25 de xuño de 2009.
Naquela ocasión informárona do seu traballo a prol do patrimonio inmaterial das Terras de Lemos, interesándose especialmente por coñecer o estado no que se atopaba a tramitación dos proxectos presentados no seu día polas asociacións en distintos departamentos da Xunta, para o que a señora delegada pediu un tempo prudencial para se informar e dar resposta. Estes proxectos estaban relacionados con temas que desde o patrimonio cultural inmaterial incidirían na mellora da situación económica do noso Agro, tales como: centros de interpretación, arranxo de prazas e rúas, infraestruturas, rehabilitación de edificios e obxectos artísticos e mesmo de Centros de Interpretación en vivo que poñerían en valor toda unha aldea como é o caso de Parada dos Montes.
Pasados máis de catro meses, solicitouse telefonicamente unha nova entrevista, petición que se formalizou por escrito presentado no rexistro o día 2 de novembro de 2009, acompañado das Conclusións do Congreso sobre o Patrimonio Inmaterial das Terras de Lemos que se celebrou en Monforte en xornadas de primavera e outono, e que incidían de novo nas melloras devanditas, sen que ata o día de hoxe, transcorridos seis meses e medio, se tivese contestación a pesar de confirmar por escrito o recibimento da petición.
Sabemos que o mesmo está a pasar con outras moitas asociacións que desde que tomou posesión a señora Delegada seguen sen poder expoñer ilusións e proxectos, negándose deste xeito a palabra e tendo como resposta o silencio, que no caso consideramos un desprezo e unha mala xestión dos nosos dereitos colectivos. Ula a economía de medios materiais e humanos tan loada arreo polos novos gobernantes?
Quede patente, xa que logo, o noso desgusto, pois é a primeira vez que unha administración nos nega o dereito de falar, cousa que elimina en si a norma democrática do diálogo, Agardamos, xa que logo, que dona Raquel Arias corrixa a súa actitude e abra ese salón de recibir que fomos construíndo entre todos para beneficio do colectivo e das obras que para vivir necesitamos, pois non é da súa propiedade, senón de quen neste momento nos sentimos desprezados.
Monforte de Lemos, a 13 de xuño do 2010
Día 16 de xuño, mércores
Unha vila na Gallaecia baixo imperial: Almenara de Adaja - Puras (Valladolid).
No salón de actos da Fundación Caixa Galicia, de Lugo, ás 20 h.
XUÑO
Día19, sábado
6,30 horas. Saída de Lugo.
8,30 horas. Descanso
9,00. Saída para Almenara de Adaja-Puras.
11,30 horas. Visita ao "Museo de las Villas Romanas" (exposición permanente, xacemento, Exposición “Pinturas murales de Almenara: Técnica, arte y suntuosidad”).
13,30 horas. Saída para Medina de Rioseco.
14,30 horas. Xantar.
17,15 horas. Vista á igrexa de Santa María de Mediavilla (Capela funeraria dos Benavente, retablo maior de Gaspar Becerra, coro), Igrexa de Santiago.
19 horas, Museo de San Francisco.
20 horas. Saída para Palencia.
21,00 horas. Chegada a Palencia. Hotel. Cea libre.
Día 20, domingo
9,00 horas. Saida de Palencia para Carrión de los Condes
10,30 horas. Chegada a Carrión. Visita Igrexa de Santa María, igrexa de Santiago
12,00 horas. Visita mosteiro de San Zoilo.
13,30 horas. Xantar no Mosteiro de San Zoilo.
15,30 horas. Saída para Pedrosa de la Vega, (“Villa Romana de La Olmeda”).
16,0 horas. Visita do primeiro grupo á Vila.
17,00 horas. Visita do segundo grupo á Vila.
18,15 horas. Saída para Lugo.
22,30 horas. Chegada a Lugo.
Naceu en Valladolid en 1967. É licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Valladolid nas especialidades de Arqueoloxía e Historia Antiga e Doutora pola mesma universidade. As súas investigacións centráronse en temas de arqueoloxía clásica relacionados cos xacementos de Uxama Argaela (Burgo de Osma, Soria), vila de Prado (Valladolid) e a vila romana de Almenara-Puras (Almenara de Adaja-Puras, Valladolid) nos que codirixiu diversas intervencións arqueolóxicas ao longo dos últimos anos. Froito desas investigacións son as publicacións dun libro e diversos artigos en revistas tan prestixiosas como o Archivo Español de Arqueología.
Ademais da súa faceta como investigadora desenvolveu unha intensa actividade profesional na xestión de proxectos sobre o patrimonio cultural da comunidade de Castilla y León no marco das iniciativas comunitarias Interreg III-A e POCTEP para a Junta de Castilla y León e a Fundación del Patrimonio Histórico de Castilla y León.
Tamén traballou como técnico arqueólogo dos servizos territoriais de Cultura de Burgos e Valladolid, así como para a propia Junta de Castilla y León na elaboración do Registro de Lugares Arqueológicos. Desde 2003 traballa como arqueóloga para a Deputación Provincial de Valladolid no Museo de las Villas Romanas de Almenara-Puras.
(A Rúa, Ourense, 1961), licenciado en Xeografía e Historia, na especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela (1984). Actualmente traballa na tese doutoral, que trata sobre “O urbanismo da cidade de Lucus Augusti”, e no Servizo de Arqueoloxía do Concello de Lugo.
Dende o ano 1982, participa e colabora en numerosas escavacións en Galicia e Norte de Portugal (Castro de Baroña, Castro de Saceda, Castro de Lebosandaos, campamento romano de Aquis Querquennis, cidade romana de Aquae Flaviae – Chaves -, Braga, etc. ), e prospeccións arqueolóxicas nas provincias de Ourense e Lugo.
Comeza a traballar na cidade de Lugo no ano 1986, co equipo que fai as escavacións dos aparcadoiros subterráneos, baixo a dirección do profesor Antonio Rodríguez Colmenero, Dende aquela, colaborou e dirixiu varias escavacións tanto na cidade como na muralla.
Colaborador en diferentes publicacións, cursos, simposios e congresos, a súa liña de investigación está centranda na cidade de Lucus Augusti, tocando aspectos como a cerámica e o urbanismo.
Tamén colabora e coordina algunhas das montaxes expositivas sobre o Lugo Romano como: “Lugo, Escavacións arqueolóxicas na cidade” (Lugo, 1987), “Lucus Augusti, urbs romana” (Lugo, 1996) e “Imago Antiqua. Lugo romano” (Lugo, 2000).
É membro do Consello de Redacción e Secretario da revista Larouco, editada polo Grupo Arqueolóxico Larouco.
Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.